Piragüismo Dumbría terceiro por clubes na Copa Galega




O Piragüismo Dumbría terceiro por clubes na Copa Galega de Promoción celebrada en Cerveira (Portugal)

Catro medallas, dúas de ouro e dúas de plata para a representación costeira.

Os mellores equipos de Galicia e Portugal se daban cita na vila portuguesa de Cerveira, onde se disputaba unha nova proba da Copa Galega de Promoción de Slalom, que o mesmo tempo era puntuable para o Campeonato Portugues de Esperanzas.

O CDM Piragüismo Dumbría acadou un fantástico terceiro posto por clubes, por detras do Club Penedo de Tui e do Club Tea de Mondariz gracias ó bó desesmpeño dos seus rapaces, cáseque todos clasificados entre os 5 mellores de cada categoría.

Sara Fernandez e Aroa Lopez fixeron doblete no K1 benxamín femenino, e Xesús Cundíns subiu ó podium coma o mellor Benxamin masculino. Pola súa banda Brais Sanchez foi segundo na categoría K1 Alevín masculino.

Os resultados poderían ter sido mellores, posto que algúns dos rapaces candidatos a medalla non estiveron moi acertados na primeira manga, pero na segunda as rachas de vento en contra lles impediron mellorar os seus resultados.

A vindeira proba desta competición se disputa o vindeiro fin de semán en Monforte.

Comentarios