Jorge Quintáns logra dúas Medallas para o CDM Piragüismo Dumbría nos Campionatos de España de Slalom

Vaia fin de semán de altos e baixos do CDM Piragüismo Dumbría nos Campionatos de España de Slalom que tiveron lugar este pasado fin de semán na vila leonesa de Sabero. Jorge Quintáns foi o gran protagonista da expedición do clube costeiro. O de Vimianzo logrou subir ó podium tanto na categoría K1 cadete, onde se proclamou Subcampión de España, coma no C1, onde acadou unha fantástica medalla de bronce, tendo en conta que non é a súa modalidad de referencia. Competiu de maneira moi consistente, metendo en apuros o dominador da categoría, Pau Etxaniz, chegando incluso a porse por diante del na clasificación, e convertindose nun dos duelos máis emocionantes da competición, posto que chegaron a marcar ambolos dous tempos de finalista en categoría absoluta. Nesta mesma categoría participaba Marcos Sanchez, que fixo a súa mellor competición de tóda a tempada, chegando a marcar o cuarto mellor tempo na xornada do domingo, e demostrando que se gaña en consistencia, o de Xestosa pode ser un dos que pelexen polos podiums na vindeira tempada. Os mazaricanos Brais Perez e Francisco Romar tamén competiron nesta categoría cadete, logrando ambos as súas mellores mangas da tempada.
No apartado das sombras, Lorena Costa competiu de maneira moi iregular, alternando excelentes baixadas con mangas moi por debaixo do seu nivel o que a deixou fora do podium cando era posiblemente a mellor palista da súa categoría. A de Berdeogas ten que aprender a competir mellor e gañar máis confianza nas súas posibilidades, o que lle dará máis consistencia a hora de enfrontarse á competición en vindeiras tempada. En todo caso este mal resultado non empaña unha boa tempada na que subiu ó podiun en tres ocasións, e na que mesmo chegou a clasificarse para os selectivos do equipo nacional sub18 que se celebraron na vila francesa de Pau.
A outra posible medalla que se lle escapou o CDM Piragüismo Dumbría foi na competición por patrullas. O equipo fornado por Jorge Quintáns, Marcos Sanchez e Brais Perez se non era dos favoritos, si que tiña claras opcións de ser medallista. A mala sorte quixo que cando atacaban xa a segunda metade do percorrido, a Brais Perez se lle lesionaba o ombreiro esquerdo nun apoio, o que fixo que tivese que abandonar a proba. En principio a lesión non reviste gravedad, pero e tempada rematou dunha maneira dolorosa para o de Arcos, que xa non competiu na xornada do domingo.
Por outra banda, a competición non para en Dumbría, onde este fin de seman recibe ós clubes de toda España para a disputa da Copa de España reservada á categoría Infantil.
A competición terá lugar o sábado 12 e o domingo 13 pola mañán no campo de slalom de O Couquipo, en Olveira.
Comentarios
Publicar un comentario