Piragüismo DUMBRIA no mais Alto do Podium



O Cadí de La Seu d,Urgell gaña a Copa de España de Promesas en Dumbría

Alexia Canosa, do CDM Piragüismo Dumbría Bronce en K1 Infantil B Femenino.

O Club Cadí de La Seu d´Urgell impuxose este fin de seman na segunda proba da Copa de España de Jovenes Promesas de Slalom de Aguas Bravas celebrada no Campo de Slalom de O Couquiño, en augas do Rio Xallas en Dumbría. Os catalans fueron os mellores na clasificación por clubes por diante do Club Santiagotarrak de Irún e do Club Penedo de Caldelas de Tui.

En canto á representación do clube costeiro, a pesar de ser o organizador só contaba con dúas participantes; Xiana Castro, entre as infantiles de segundo ano e que a pesar de facer unha boa competición sempre estivo lonxe dos postos de cabeza, e a infantil de primeiro ano Alexia Canosa, que foi quen de facerse co terceiro chanzo do podium nun meritorísimo debut en competición estatal.

A proba transcurriu sin ningún tipo de contratempo nunha bóa organización do CDM Piragüismo Dumbría e a Federación Galega de Piragüismo, coa colaboración do Concello de Dumbría e Ferroatlantica.

Comentarios