PIRAGÜISMO DUMBRIA NA COPA DO MUNDO
Moi boa prestación dos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría, que regresou da vila lleidana de Ponts co seu mellor posto de nunca nunha copa de españa, septimos, e con cinco finalistas que ademáis foron quenes de lograr dúas medallas.
Baixo muita calor, e nunha canle coma a de Ponts, que ten un movementos de auga moi singulares, os deportistas do CDM se adaptaron moi ben, e rendiron todos a moi bó nivel.
Unha vez máis Lorena Costa e Jorge Quintáns subiron ó podium, a primeira en K1 cadete despois dunha competición moi pechada coa vasca Xanet Etxarri, que foi mellor na xornada do domingo, despois de que a de Berdeogas se fose a descansar o sabado como lider da competición. Pola súa banda na categoría cadete masculina Jorge Quintáns loita contra un talento coma Pau Etxaniz que fai tempos de senior. Jorge non lle vai á zaga, e xa está facendo cronos superiores os dos mellores xuveniles do estado. Nesa mesma categoría, Marcos Sanchez fixo a súa mellor competición da tempada, metendose nas finais, e o mazaricán Brais Perez tamén brillou, quedandose moi cerquiña o domingo de colarse entre os dez mellores.
Jorge Quintáns tamén competía na modalidade de canoa, e non so foi quén de meterse nas finais, se non que incluso rozou o podium. En Canoa tamén competía Marco Oreiro, que non foi moi feliz nos seus descensos, e se quedou coa sensación coa sensación de poder facer bastante máis.
Finalmente Iago Canosa competiu moi ben este fin de semán, se lle veía moi a gusto e non foi quén de meterse nas finais. O sabado tivo un problema cun reposapes do seu barco, pero o domingo pudo deixar mostra da súa calidade cun moi meritorio cuarto posto.
Ademáis, o clube tamén acudiu con Alexia Canosa, que exerceu de abridora da proba, para poder ir aprendendose os percorridos onde en breve lle tocará competir.
Comentarios
Publicar un comentario