Os Piragüistas Dumbrieses Gran papel en PAU

Bó papel dos deportistas do Piragüismo Dumbría nos selectivos de Pau.

Ainda que o obxectivo de alcanzar plazas no Equipo Nacional de Slalom non foi logrado, tanto Iago Iago Canosa coma Jorge Quintáns ou Lorena Costa realizaron uns selectivos moi bos, e que invitan a ser moi optimistas de cara a futuras convocatorias.

Iago Canosa loitaba polas plazas sub-23, era o mesmo tempo o que máis dificil o tiña, pero tamén o que máis posibilidades presentaba despois da primeira parte dos selectivos en La Seu d´Urgell. Con 19 anos era o máis novo dos participantes nos selectivos e nunha categoría que está tán igualada que por cuestion de segundos pasaba de estar nos postos de cabeza a estar máis retrasado. O final unha participación que aínda que este ano non foi exitosa, invita a ser optimista de cara a futuras citas.

En canto a Jorge Quintáns e Lorena Costa, tendo en conta que son cadetes de segundo ano, e que loitaban polas plazas contra deportistas xuveniles, o so feito de estar na segunda parte dos selectivos xa era un éxito, pero non se limitaron a iso. Rodaron sempre en postos intermedios, finalizando Jorge sexto e lorena quinta de entre os dez deportistas que pasaban á segunda fase en cada categoría, o que invita a ser moi optimistas de cara a futuras citas selectivas.

En resumen, non se lograron as plazas, pero si que se demostrou que se está no camiño, e que o debut dun deportista do CDM Piragüismo Dumbría no equipo nacional de seguir así, é só unha cuestión de tempo.
Fotos: Lucas M.Farrapeira (CC-BY-SA)


Comentarios