O Piragüismo Dumbría clasifica a 4 deportistas para os Selectivos do Equipo Nacional


O Piragüismo Dumbría clasifica a 4 deportistas para os Selectivos do Equipo Nacional

JORGE
Lorena Costa e Jorge Quintáns volven a subir ó podium con sendos segundos postos no K1 Cadete
LORENA


Celebrouse este fin de semán no Parque Olimpico de La Seu de Urgell a terceira proba da Copa de España de Slalom en Augas Bravas, e primeira fase dos Selectivos do Equipo Nacional de Piragüismo 2017, e outra vez os deportistas do CDM Piragüismo Dumbría conseguiron ter o seu protagonismo, posto que Iago Canosa en K1 Sub23, Lorena Costa en K1 Sub18 e Jorge Quintáns no K1 e no C1 Sub18 foron quenes de certificar o seu pase á segunda fase dos Selectivos para entrar no Equipo Nacional. A segunda fase terá lugar o vindeiro fin de semán na cidade francesa de Pau, onde se atopa a canle onde se van disputar os Campeonatos do Mundo 2017. A Pau so acuden os dez mellores deportistas de cada categoría, o que ten muito merito no caso de Lorena e Jorge, que sendo cadetes loitaban polas plazas contra deportistas xuveniles, dous anos maiores ca eles.

IAGO
No que se refire á proba da Copa de España, o clube costeiro alcanzou unha meritoria octava praza, posto que aínda que so acudía con 5 deportistas á vila Lleidana dada a epoca lectiva, en xeral rendiron a moi bó nivel.

No K1 cadete tanto Lorena Costa coma Jorge Quintáns lograron subir ó podium. Jorge foi bastánte máis consistiente nas súas baixadas que a de Berdeogas, pero tamén porque ó ser as probas selectivas os percorridos trazados eran moi esixentes, o que fixo que as rapazas máis novas sufrisen máis a difucultad xa inherente a competir na Canle Olímpica.

Jorge ademáis fixo un bó papel no C1, loitando incluso por as medallas, aínda que o final quedara fora do podium.

Tamén na categoría cadete Marcos Sanchez foi bastante irregular, convinando baixadas malas con outras moi boas. Está nun ano de aprendizaxe e seguro que para o ano será dos que loiten polas medallas.

En canto á representación Senior, Iago Canosa que saía a polas plazas do Equipo Nacional Sub23 tivo un desempeño con altivaixos, o que lle supuxo un mal resultado para a Copa de España, pero si lograr o pase para a segunda fase dos Selectivos.

Por último Marco Oreiro non tivo o seu fin de semán en La Seu, e das catro baixadas que fixo, so nunha foi quen de facer a manga sin problemas.

Comentarios