O CDM Piragüismo Dumbría septimo na Copa de España en La Seu



O CDM Piragüismo Dumbría septimo na Copa de España en La Seu.

Medalla para Jorge Quitáns na categoría Cadete K1


Catro finalistas, Jorge Quintáns en Kayak e Canoa, Iago Canosa no K1 senior, e Lorena Costa no K1 Cadete.

A segunda proba da Copa de España de Slalom se celebraba este fin de semán pasado no Parque Olimpico de La Seu d´Urgell, unha das pistas máis esixentes a nivel mundial e na que agora os deportistas do CDM Piragüismo Dumbría se confirman coma o septimo clube de españa, con apenas 6 puntos de desventaxa sobre o sexto posto, o Club Piragüismo Penedo, que foi ademáis o mellor club galego.

O bó resultado do CDM Piragüismo Dumbría se cimentou no bó desempeño de tódolos seus deportistas, nos que hai que destacar tres nomes própios: Iago Canosa se confirmou nesta competición coma un dos dez mellores piragüistas de augas bravas de España, competindo sempre en postos de final, e confirmandose coma octavo o final da competición. Lorena Costa, que tras un fallo na xornada do sabado, xa o domingo alcanzou o seu mellor nivel, e rozou os postos de podium, e Jorge Quintáns, que se confirma como a gran esperanza do Slalom galego, volvendo a subir ó podium despois de xa ter subido ó podium en Mondariz na primeira proba da Copa de España, e logrando colarse tamén na final cos mellores canoistas da categoría cadete.

Pola súa banda, o resto da representación dumbriesa rodou a moi bó nivel, con Marcos Sanchez e Marco Oreiro rozando os postos de final, e con Brais Castro, Francisco Romar e Miguel Castro pagnando a súa inexperiencia nunha canle artificial, pero todos competindo moi dignamente, e aportandolle ó clube uns puntos importantísimos para a clasifiación final por equipos.

Agora o vindeiro obxetivo dos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría e clasificarse para os selectivos para formar parte do Equipo Nacional de Slalom, dos que a primeira fáse terá lugar dentro dun mes de novo na canle artificial de La Seu d´Urgell, e para preparalos en condicións Lorena Costa, Jorge Quintáns e Iago Canosa participarán durante a semana santa na Segre Cup, unha competición internacional que se celebra durante a semana santa nas canles de La Seu e Ponts.







Comentarios