PIRAGÜISMO DUMBRIA (Copa de España)

PIRAGÜISMO DUMBRIA
CRISTIAN

Arranca a Copa de España de Slalom de Augas Bravas, e o fai en Galicia, concretamente en augas do río Tea o seu paso por Mondaríz Balneario, e alí estará como non podía ser de outra maneira a representación do CDM Piragüismo Dumbría.
JORGE

A importancia de esta proba está en que é clasificatoria para os selectivos do equipo nacional, onde o clube dumbries ten posto o obxectivo este ano. 
Preparando estes selectivos que terán lugar nas canles artificiais de La Seu d´Urgell e de Pau, en Francia, competiron o pasado fin de semán na Copa Catalana no Parque Olimpico de La Seu unha representación do clube encabezada por Iago Canosa que quedou quinto na categoría absuluta, Jorge Quintáns, segundo mellor clasificado na categoría xuvenil,  Lorena Costa, que na primeira manga fixo o mellor tempo cadete, antes de saltarse unha porta na final, e Marcos Sanchez, que foi octavo.
LORENA

MARCOS

As sensacions e a motivación para esta proba son moi altas tamén no resto da espedición dumbriesa, que se completa con Marco Oreiro no C1 senior, Cristian Gonzalez e Miguel Castro no K1 xuvenil, e Brais Perez e Francisco Romar no K1 cadete.

Comentarios