Copa IBERICA de Slalom



A Copa Ibérica de Slalom é unha competición internacional que se celebra anualmente na vila portuguesa de Covas, e que reune ós mellores equipos de Slalom de Augas Bravas de Galicia, Castilla e León e Portugal.

O equipo do CDM Piragüismo Dumbría viaxaba bastante mermada debido a un virus estomacal que xa afectou a varios dos seus deportistas no que vai de tempada, e á época de exames na que nos atopamos, pois o ser dous días de competición, moitos deportistas decidiron darlle prioridade ós seus estudos.

Mesmo así, a representación costeira a pesar de non ser moi numerosa, si que era de calidade, e proba delo é que tódolos deportistas costeiros foron quenes de meterse nas finais do domingo, a pesar de que o percorrido era esixente, con algunha porta realmente moi complicada.

Na competición dos kayaks, na categoría cadete masculina, Jorge Quintáns, Marcos Sanchez e Brais Perez fixeron mangas que lles permitiron pasar o corte con solvencia, de primeiro, terceiro e septimo respectivamente, mentras que entre as rapazas Alexia Canosa era quen de pasar o corte, aínda que con apuros, e Lorena Costa era a mellor cadete con máis de vinte segundos de ventaxa sobre a segunda clasificada.

Entre os canoistas, Marco Oreiro conseguia entrar entre os dez mellores seniors nunha manga moi seria, e Jorge Quintáns era o cuarto mellor dos cadetes.

Nas finais do domingo, se confirmaron as bóas espectativas da xornada de preliminares, con Lorena Costa e Jorge Quintáns gañand con solvencia as competicións de K1 cadete femenino e masculino respectivamente. Marcos Sanchez so pudo ser cuarto, e Brais Perez na súa mellor competición en muito tempo comfirmou o seu septimo posto.

Alexia Canosa non foi quen de mellorar o seu desempeño na xornada de preliminares e finalmente entre as canoas Jorge Quintáns lograba subirse ó podium na terceira posición, e Marco Oreiro non puido mellorar o seu décimo posto de preliminares debido a un problema cunha das cinchas da súa canoa.

Na clasificación por clubes, o CDM Piragüismo Dumbría acadou un notable sexto posto, a pesar das númerosas baixas, e xa estamos pensando na Copa de España de Slalom que terá lugar o primeiro fin de semán de abril en La Seu d´Urgell.




Comentarios