A primeira competición da Copa de España de Slalom 2017 tiña lugar en augas galegas, concretamente no tramo da praia fluvial do Tea o seu paso pola vila de Mondariz Balneario.
Ata alí se desplazou a delegación do CDM Piragüismo Dumbría coa intención de facer a súa mellor proba dende que compite nesta competición nacional, onde participaban dous finalistas olimpicos, e a doble medallista e campeona olimpica Maialen Chourraut. A delegación Dumbríesa viña mermada por unha infeción gastrointestinal dos deportistas internados no Centro Galego de Tecnificación, co que Jorge Quitans, Marcos Sanchez e Lorena Costa chegaban a esta cita bastante mermados físicamente e con poucas horas de descanso.
A xornada do sábado arrancou bastante ben para os costeiros, con Jorge Quintáns colandose nas finais de C1 e K1 Cadete, así coma Iago Canosa no K1 Senior e Lorena Costa no K1 Cadete femenino. Marco Oreiro rozaba a final, non entrando por segundos tras facer unha boa manga con cero penalizacións, e Marcos Sanchez pifiaba na primeira porta e xa non era quen de remontar o tempo perdido para colarse na final.
O domingo as cousas xa non foron tan ben. Debido as chuvias da noite o caudal cambiaba totalmente, subindo durante toda a competición, e facendo as contras moi inestables, algo ó que os deportistas do CDM Piragüismo Dumbría sufriron para adaptarse. Lorena Costa era a primeira dumbriesa en sair, e tras facer ata a porta 17 a súa mellor manga dende que está en competición, volcaba quedando fora apenas a tres portas da meta. Iago Canosa a conta das penalizacións xa non foi quen de meterse na final do domingo e Marco Oreiro xa quedou mais lonxe dos dez mellores.A cara foi a categoría cadete masculina con Jorge Quintáns e Marcos Sanchez metendose na final de K1 Cadete, logrando finalmente o vimiances a medalla de plata nunha competición moi seria durante toda a fin de semán, na que ademáis tamén foi finalista entre os canoistas cadetes.
Ademáis a delegación dumbriesa a completaban o xuvenil Cristian Gonzalez, e os cadetes Brais Perez e Francisco Romar, que a pesar de facer boas mangas debido a lesions e a atoparse ainda no inicio da tempada, aínda están lonxe de poder meterse nunha final de Copa de España.
A delegación dumbriesa a completaba a infantil Alexia Canosa, que exerceu de abridora na competición.
Comentarios
Publicar un comentario